Paz e Echávarri perden o liderato en Hyères

vela250_240408.jpgSALNÉS > O Tornado Movistar caeu á segunda plaza da xeral na Semana Olímpica Francesa. O barco tripulado por Antón Paz e Fernando Echávarri mantén as súas opcións intactas xa que si sitúa a tan só un punto dos líderes.

Estes días estase a disputar na localidade francesa a Hyères, a chamada Semana Olímpica Francesa, na que se dan cita máis de mil regatistas. Tras catro días de competición, o Tornado Movistar que tripulan Antón Paz e Fernando Echávarri sitúanse segundos na xeral.

Despois de estar liderando a competición durante as primeiras xornadas, a escasez de vento no día de onte perxudicou ós intereses do Movistar que perdeu o primeiro posto en favor dos australianos Bundock e Ashby.

Aínda así mantéñense a tan só un punto do liderato e coas esperanzas postas en poder levarse a victoria, nunha cita importante como o é esta de Hyères, de cara á preparación para os Xogos Olímpicos.

Redacción Salnés