VILAGARCÍA> Imos coñecendo máis detalles do que será o primeiro Torneo EncestaRías. O triangular que traerá ata Vilagarcía a tres equipos da liga ACB a fin de semana do 11 ao 13 de setembro porá á venda os seus abonos para asistir aos tres partidos este venres. Como oferta de saída, nos tres primeiros días terá un prezo de 30 euros.
Este venres poranse á venda os abonos para o Torneo EncestaRías. A cita, que enfrontará en Fontecarmoa a tres equipos da liga ACB, Herbalife Gran Canaria, Movistar Estudiantes e Río Natura Monbús Obradoiro, celebrarase do 11 ao 13 de setembro.
A organización sacará á venda ao redor de 1.000 abonos, que dan a entrada para ver os tres partidos do triangular. De venres a luns terán un custo de 30 euros, que ascenderá aos 55 no caso de que sexa un pase para pé de pista. Despois, o prezo do abono xeral será de 35 euros.
De quedar abonos sen vender tres días antes do evento, poríanse á venda na billeteira de Fontecarmoa entradas para os partidos por 18 euros o pase xeral e 32 a pé de pista.
Os abonos poderán adquirirse a través da web www.masterseniorleague.com ou nos puntos de venda físicos das clínicas Vitaldent de Vigo, Pontevedra, Santiago e Vilagarcía.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/19/torneo_encestarias.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/19/torneo_encestarias.mp4{/flowplayer}