Ziralla Primeiro, Andarivel e Albatros gañan a Regata

plantilla_deportes_copia250.jpgSANXENXO> O Real Club Náutico foi fiel á súa tradición coa Regata Ruta das Illas-Trofeo Hotel Carlos I Silgar, que se celebrou esta fin de semana. O bo tempo e o vento, permitiron navegar arredor de Onza e Ons.

{flowplayer}images/salnes/TROFEO_SILGAR.flv{/flowplayer}

A metereoloxía acompañou e onte se puido trazar a derrota Onza Ons, de sur a norte, a contraria á que se percorreu o sábado. Deste xeito, o club de Sanxenxo cumpría fielmente coa tradición de navegar arredor das dúas illas e coas proas en ambos sentidos.

A saída deuse ás 3 da tarde, cun vento procedente do suroeste, con 10 nudos. Os barcos navegaron marcándose moi de preto, a maioría cos bordos de cara ó porto de Portonovo. A partir de aí, os cruces serían sucesivos, con tiradas moi longas, gañando o máximo barlovento posible para alcanzar a punta sur de Onza. Nesta zona o vento se situou nunha intensidade mínima, entre 2 e 3 nudos.

O handicap pola parte posterior de Ons sería o mar de fondo. Os veleiros de maior porte, abriron máis o seu rumbo, de cara ó exterior, buscando a compoñente na mar. Outros, os de mediano e pequeno velamen, buscaban o terral das Illas, navegando moi preto das rompentes.

 Finalmente, o Comité decidiu acurtala regata na punta norte de Ons, para facilitala chegada dos barcos, e evitar así o sufrimento de ver abanearse dun costado a outro as velas, sen obter velocidade. Das 17,3 millas iniciais desta segunda xornada do Trofeo Hotel Carlos I Silgar, completáronse 10,1 ata o punto de recorte.

O Ziralla Primeiro, de Ángel Sabuz, levouse o Trofeo Hotel Carlos I Silgar na división dos Grupos do cero ó dous. O sábado foi primeiro e onte sumou un quinto. No grupo tres o ouro foi para o Andarivel de Ricardo Valdés. No catro, venceu o Albatros de Apolinar Mozos. Na global, o Trofeo o gañou o Ziralla Primeiro con sete puntos, seguido do Alicia, con 9 e o Gómez con outros nove.

 Redacción Salnés