Nova mobilizacións para esixir gardarraís de dobre bionda na autovía do Barbanza

    motosboiro_100_280408.jpgBOIRO > Máis de dous mil motoristas concentráronse en Boiro este domingo para esixir a implantación de gardarraís de dobre bionda no trazado da autovía.

    {flowplayer}barbanza/motosboiro.flv{/flowplayer}

    O que pretendía ser unha manifestación pacífica en contra da política de tráfico desenvolvida pola Xunta de Galicia, converteuse nun emotivo acto de homenaxe ó motorista falecido o pasado sábado nun accidente de circulación.

    Homenaxe

    Os seus compañeiros da peña ciclista de Boiro así como motoristas chegados de todo o Barbanza e doutras zonas de Galicia quixeron render unha homenaxe a Daniel Gallego cunha ofrenda floral e unha mobilización silenciosa polas rúas do municipio ata chegar a Escarabote, de onde era natural.

    O motivo da concentración era reivindicar novamente a substitución dos quitamedos habituais por gardarraís homologados de dobre bionda na futura autovía do Barbanza. Esta é a principal reivindicación do colectivo de moteros que levan anos demandando sistemas de protección máis seguros.

    As mobilizacións intensificáronse dende que o pasado 18 de marzo se abrise ó tráfico o primeiro tramo de nova estrada entre Dodro e Rianxo con quitamedos tradicionais.

    Entrevista coa Conselleira

    A través destes actos de protesta, os motoristas pretenden instar á Consellería de Política Territorial a cumprir o seu compromiso de dotar de gardarraís de dobre bionda a todo o trazado da autovía.

    Ademais das medidas de presión, as peñas motociclistas da comarca teñen solicitado unha entrevista coa Consellería de Política Territorial, María Xosé Caride, Polo momento, o departamento autonómico aínda non lles respostou aínda que xa hai data para o encontro que manterán os alcaldes de Arousa Norte con representantes do departamento autonómico. Será a finais de maio e os rexedores locais achegarán as reivindicacións dos motoristas á conselleira, María Xosé Caride, co fin de lograr maior seguridade na nova estrada.

    Redacción Barbanza