O novo colexio de Portosín máis preto

PORTO DO SON> O alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, anunciou os avances no proxecto de construción do novo colexio de Portosín, que se situará na zona do Mariño.

Actualmente o Concello atópase coa elaboración do estudo técnico que permitirá poñer os terreos a disposición da consellería de Educación para poder iniciar as obras, e que poida entrar en funcionamento no curso 2023-24.

A Demarcación de Costas encargarase do derrube do vello edificio, emprazado a praia de Coira, cuxo proxecto xa foi adxudicado, para posteriormente proceder á rexeneración de toda a zona no que Costas prevé investir máis de dous millóns de euros.