RIBEIRA> O BNG levou ó Parlamento as verteduras ilegais que presuntamente se rexistraron no matadoiro de Ribeira. Piden que se depuren responsabilidade por estas prácticas que poden supoñer un risco para a saúde.
A través das preguntas formuladas tanto no Parlamento como no concello de Ribeira, o BNG faise eco das queixas veciñais relacionadas coa presenza de sustancias orgánicas vertidas ilegalmente nas inmediacións do matadoiro municipal. Din os nacionalistas que as canalizacións para a condución das augas residuais das que dispoñen as instalacións son rudimentarias polo que esixen que se abra unha investigación para depurar posibles responsabilidades.
Dende o BNG critican a gravidade destas prácticas que poden mesmo supoñer un risco para a saúde posto que as augas co sangue e carga orgánicas discorreron pendente abaixo filtrándose na terra e mesmo poden ter chegado a algún regato próximo.
Pola súa banda, dende o concello xa efectuaron un requirimento á empresa para aportar a información relacionada coas presuntas verteduras.