O PP solicita a Traballo o mantemento do persoal de Arousa Norte

    ruizmancomunidade_100_280408.jpgBARBANZA > Manuel Ruíz solicita o mantemento do apoio económico a Arousa-Norte, para a continuidade do persoal contratado este ano.

    {flowplayer}barbanza/ruizmancomunidade.flv{/flowplayer}

    Segundo o portavoz parlamentario do PPdeG, ata o momento quedou demostrada a súa boa xestión, coa posta en marcha de varias iniciativas que acadaron resultados moi positivos na comarca. 

    A promoción do sector conserveiro da comarca a través da hostalería, o plan de integración multicultural ou a posta en marcha da ruta do Mexillón son algúns dos proxectos que neste último ano levou adiante o persoal da Mancomunidade Arousa Norte, contratados por medio do programa de cooperación.

    Á vista destes logros, Manuel Ruíz Rivas considera que a Consellería de Traballo debe voltar incluír a Mancomunidade no programa de cooperación, co fin de que entidade poida contar, de novo, co mesmo persoal que ata o de agora traballou na posta en marcha deste proxectos.

    O parlamentario popular insistiu na necesidade de que o goberno autonómico apoie as entidades que utilizan a fórmula da mancomunidade, dado que é un xeito de fomentar estes módelos de xestión.

    Redacción Barbanza