O Céltiga achégase á salvación, o Vilalonga lonxe do ascenso

futbol250_280408.jpgVILAGARCÍA > Ó que mellor lle foron as cousas esta fin de semana foi ó Céltiga que acadou unha importante victoria a domicilio. O Vilalonga, pola súa banda, perdeu pero mantén certas opcións de meterse na fase de ascenso.

O Céltiga acadou onte unha das victorias máis valiosas e importantes do ano, nun dos campos máis complicados, no Vao. O Coruxo precisaba dos tres puntos para non descolgarse da loita pola fase de ascenso e os de Manuel Núñez para seguir dependendo deles mesmos para a permanencia. A fórmula do Céltiga foi pecharse atrás e saír ás contras; nunha desas saídas rápidas Manuel acadou o único tanto do encontro, no minuto 31.

Unha mágoa que no outro partido o Vilalonga non puidese gañar ó Negreira a domicilio, victoria que axudaría ó Céltiga despois de que estes lles botarán unha man gañando ó Coruxo.

Os celestes notaron moito as baixas e tieveron que xogar os últimos dez minutos con dous xogadores menos polas expulsións de Machu e Quito. Con nove, aguantaron o tirón ata o derradeiro minuto no que Pablo facía o 1-0 para o Negreira. O Vilalonga quédase agora a catro puntos do cuarto clasificado, o Cerceda.

Cos resultados que se deron esta fin de semana o Portonovo aínda non pode respirar tranquilo. Onte empatou sen lgoles en Baltar ante o Santa Comba, nun partido no que dominaron os visitantes. Agora deberán agardar canda menos unha xornada máis e tratar se asegura-la permanencia en Verín.

Unha permanencia que asegurou hai tempo o Arousa que onte impúxose por 2-1 ó Verín, nun partido de pouca trascendencia. Chino e fernando foron os autores do goles vilagarciáns.

Destacar tamén os resultados en Preferente Autonómica na que o Unión do Grove empatou no campo do Estradense (3-3) e o Ribadumia goleou na casa ó Tomiño 4-0.

Redacción Salnés