O Ribadumia pasa a cuartos tras derrotar ó Unión Grove na Copa Deputación

O GROVE> O Ribadumia colouse onte en cuartos de final da Copa Deputación de Pontevedra tras derrotar ó Unión Grove por 1 a 3. Foi un partido desputado, malia as dúas categorías que separaban ós contrincantes. Os de Borja Burgos, que aspiran a ascender a Preferente, mantiveron o tipo durante o primeiro xerando incluso varias ocasións. O Ribadumia non se amosaba cómodo e non sería ata a segunda parte cando os de Gabi Leis empezarían a coller ritmo e amosarse dominantes. Malia todo a impaciencia ía medrando conforme pasaban os minutos xa que non foi ata o 83 cando se veu iluminar por primeira vez o marcado. Faríao Changui, cun tanto para o Ribadumia ó que sumaría o segundo Sylla ós catro minutos. Cando o encontro parecía sentenciado, xa no desconto, Fiti marcaba o 1-2 para o mecos. Amosábase un raio de esperanza para o Unión. Álex Gómez encargábase de rachalo co 1-3 definitivo. Agora ó Ribadumia agárdalle o Alondras, co que se baterá en cuartos de final no campo da Senra a final de mes. Na outra parte do cadro, o Arosa descubrirá quen será o seu contrincante o xoves, logo de que se despute o encontro entre o Zacande e o Vilalonga. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/17/ribadumia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/17/COLEO_COPA_DEPUTACION.mp4{/flowplayer}