Cabío sede do Campionato Galego de Campo a Través

POBRA> A proba, que está organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, reunirá na localidade a máis de 500 rapaces procedentes de distintas entidades deportivas de toda Galicia. O circuito de Cabío é o lugar escollido unha vez máis para a celebración do Campionato Galego de Campo a Través. A proba será este próximo sábado enela tomarán parte unhas setenta entidades deportivas de toda Galicia. Estará dirixida ás categorías base, dende alevíns a cadetes. A organización do campionato corre a cargo da Secretaría Xeral para o Deporte, ó formar parte do programa XOGADE da Xunta de Galicia e nel colaboran as agrupacións deportivas As Rías, El Castillo e a Parra, así como tamén a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza. Dende o concello pobrense agradeceron unha vez máis a confianza depositada pola Xunta á hora de albergar un campionato destas características.