Núñez comprométese por unha temporada co Céltiga

ILLA> Como xa adiantamos no dx7 deste luns Manuel Núñez seguirá vencellado ó Céltiga canda menos durante unha temporada máis. O novo presidente do club Diego Gondar, chegou a un acordo co técnico an tarde de onte.

O Céltiga volverá a confiar en Manolo Núñez como adestrador do primeiro equipo. Coa chegada de Diego Gondar á presidencia do club da Illa todo facía entrever que Núñez continuaría, dada a boa relación existente entre ambos. E así foi.

Despois dunha reunión mantida onte, ambas partes chegaron a un acordo para que Núñez dirixa ó equipo durante a 2011/12. Será para él a sexta temporada no Salvador Otero.

Directiva e adestrador non queren marcarse aínda ningún tipo de obxectivo e sí centrarse na confección dun plantel que se adapte ás complicadas circunstancias económicas.

Redacción Salnés