O Establecimientos Otero volve ó lugar que lle corresponde

tenisdemesa250_300408.jpgCAMBADOS > Excelente o ascenso acadado polo Establecimientos Otero a División de Honor. Os cambadeses por tanto voltan a poñer ó tenis de mesa do Salnés no máis alto nivel.

O Establecimientos Otero voltou un ano despois ó lugar que lle corresponde, a Dvisión de Honor do Tenis de Mesa Nacional. Partían coma favoritos e ese cartel non lles pesou, cando menos polo visto nos encontros desta decisiva fase de ascenso que disputou no pavillón de San Tomé.

Eran os anfitrións e como non podía ser doutro xeito tiveron o apoio dos seus incondicionais que os levou en volandas cara a victoria nos tres encontros que tieveron que disputar. O primeiro deles ante o Coslada co que non tiveron piedade e lle endosaron un contudente 4-0. O segundo que sucumbíu foi o Miguel Turra, por 4-1.

Na xornada decisiva, no cruce que definía quen ascendía e quen non, tampouco erraron e impuxéronse por 4-1 ó Brunete, amosando ser moi superior ó seu rival. O eslovaco Karol Hasek e o xovencísimo xogador Edu Barreiro encarrilaron o encontro con dúas victorias; Jacobo perdeu o seguinte partido o que lle puxo algo de emoción ó enfrontamento. Despois o dobles, e de novo Karol, puxeron o 4-1 coa conseguinte ledicia de xogadores e graderío.

Este ascenso pon sen dúbida o broche de ouro a unha temporada inmaculada por parte dos cambadeses; non perderon ningún partido, nin en temporada regular nin na fase de ascenso o que lles fai acreedores desta promoción e por suposto merecedores de estar o vindeiro ano en División de Honor.

Xa se está a prepara-la vindeira temporada no seno do club, que podería reforza-lo seu plantel en busca de facer un honroso papel o ano que ven nunha categoría que seguro será moito máis exixente.

Redacción Salnés