POIO> O Ateneo Combarro de Poio estase a xogar neste tramo final de temporada a súa presencia na fase de ascenso á máxima categoría nacional. No primeiro duelo de importancia golearon na Seca ó Casarrubios por 8-0.
O pavillón da Seca presentou un cheo espectacular para ver a victoria do Concello de Poio-Promociones Collazo ante o Casarrubios de Toledo. Foi un partido un tanto igualado na primeira metade pero que tralo descanso quedou desnivelado.
O encontro púxoselles de cara ás locais moi cedo cando nada máis comezar Peke anotaba o primeiro gol dende fóra do área. Repitiría minutos máis tarde a mesma protagonista despois de completar unha gran xogada colectiva.
O único pero do encontro foi o chan resbaladizo que fixo que as xogadoras tomaran moitas precaucións á hora de realizar os seus movementos, porque as caídas eran constantes. Na segunda parte solucionouse en parte o problema, o que permitíu que a fluidez do xogo fose maior e que a superioridade do Ateneo plasmárase no marcador. Os goles foron caendo ata redondear unha goleada de escándalo (8-0).
A loita polo ascenso continúa a falta de catro xornadas para o remate. A vindeira semana deberán enfrontarse cun rival directo, o terceiro clasificado e que agora camiña empatado a puntos coas de Poio, o Ciudad de Alcorcón. No partido de ida celebrado na Seca leváronse a victoria as madrileñas por 3-4.
A ilusión por cumplir ese obxectivo de meterse no playoff apoderouse dos afeccionados, por iso o club fletará un autobús este sábado ata Alcorcón, para que o equipo sinta a calor da súa xente tamén en terras madrileñas e neste decisivo choque.
Redacción Salnés