SALNÉS> Esta fin de semana celébrase o XIII Campionato de España de Pista Máster, Senior e Sub-23, en Verducido. Unha cita á que non faltará prácticamente ninguén xa que están en xogo os postos para os vindeiros Xogos do Mediterraneo e sobre todo, para os Campionatos de Europa a celebrarse en Brandenburgo.
Os mellores padexeiros do país daranse cita esta fin de semana no embalse de Verducido para xogarse no Campionato de España de pista as prazas que dan dereito a formar parte do equipo nacional que acudirá ós Campionatos de Europa que se celebrarán dentro de tres semanas na cidade alemana de Brandenburgo.
A competición dará comezo mañá pola mañá coas probas de 1.000 metros en K-1 e C-1, tanto para homes como para mulleres pechándose a xornada cun control para as embarcacións masculinas de K-4, K-2 e C-2.
Xa o domingo terán lugar as probas de velocidade sobre a distancia de 500 metros para as mesmas modalidades e nas mesmas categorías, tamén con controles para os C-2 e K-2. Os sub-23 participarán no campionato, nas mesmas probas que os senior, pero terán as súas clasificacións aparte.
Un total de 34 clubes estarán presentes en Verdecido, con maioría de representación galega, que aportará 11. Non faltarán á cita David Cal, José Luis Bouza, Tono Campos, Saúl Craviotto, Carlos Pérez ‘Perucho’ ou Diego Cosgaya entre os homes, e Beatriz Manchón, Jana Smidakova e María Isabel García entre as mulleres.
Con estes nomes o espectáculo estará prácticamente garantizado, pese a que as previsións meteorolóxicas, que falan de vento e chuvia para ambas xornadas, poderían deslucir un pouco a competición.
Redacción Salnés