Éxito de convocatoria na 2ª Xuntanza da Sementeira de Valga

    sementeira100_300408.jpgVALGA > Segundo ano consecutivo para o festival inter xeracional mediante a xa coñecida sementeira de trigo tradicional…

    Unha práctica caída en desuso coa chegada da nova maquinaria agrícola. Unha xuntanza na que a experiencia transmitiuse de maiores a pequenos cun éxito rotundo de convocatoria. Comida , bebida e banda sonora ó cargo dun grupo de pandereteiras.!Qué máis se pode pedir!

     Aínda que non o pareza seguimos no 2008, a xulgar polas prácticas e vestimetas que hoxe nos atopamos co gallo do segundo festival interxeracional que organiza o concello de Valga en colaboración co proxecto Ronsel. Aquí tanto maiores como pequenos arrimaron o ombreiro para amosar como se elaboraba o trigo antigamente coa sementeira, e tódalas súas fases posteriores a sega, a malla e a moenda

     O obxectivo é rescatar unha práctica antiga e tradicional para que os máis pequenos coñezan o traballo que desempeñaban os seus pais e avós fai anos. Por iso dende o concello apostaron por esta iniciativa que está a ter moito éxito

    Este é só un pequeno adianto da interesante reportaxe que Tele-Salnés Barbanza, lles amosará o vindeiro martes 13 de maio ás 11 menos cuarto da noite.

    Redacción Salnés