PSOE e PP de Catoira xustifican a moción de censura na inactividade do BNG

CATOIRA> O PSOE e o PP de Catoira acusan ao BNG de mentir nos ataques contra ambas formacións. Os socialistas defende a súa xestión ante a investigación do Consello de Contas. Dende ambos partidos aseguran que a moción de censura ven provocada pola inactividade do goberno de Xoán Castaño.

O concello de Catoira prepárase para unha insólita moción de censura. O acordo entre PSOE e PP retirará da alcaldía ao nacionalista Xoán Castaño. Dende o BNG denuncian que ambas formacións presentarán a moción debido a que o Consello de Contas está a investigar a xestión dos anteriores gobernos socialistas. Unha acusación da que se defende o predecesor na alcaldía.

Dende o Partido Popular aseguran que non tiñan constancia de ningunha denuncia nin investigación.

Ambas formación xustifican a moción de censura na inactividade do goberno de Castaño.

A moción de censura está pasando factura a ambos formacións. O líder socialista asegura que a pesar da oposición do seu partido ningún dos concelleiros votará en contra da investidura. No caso do PP de Catoira, dous membros abandonaron a formación, unha decisión que Caamaño entende e respecta. Ambas formacións tamén denunciaron a coacción que aseguran están a sufrir por parte de afíns ao BNG. Advirten que de continuar, levarán o caso ás autoridades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí