Primeira xornada do límite de 110 km/hora en autopistas e autovías

    110 copia100.jpgSALNÉS> Dende esta madrugada os sinais reflicten a nova norma, que non consegue apoio entre a xente da rúa.

    {flowplayer}images/salnes/LIMITE_110.flv{/flowplayer}

    A partires das 6 desta madrugada, esta é a imaxe que se atoparon os condutores en autovías e autopistas: a limitación de 110 km/hora substituíndo á de 120 en máis de 6.100 sinais de toda España.

    Diminuír o impacto do encarecemento do petróleo, é o obxectivo principal desta medida. Sen embargo, a baixada do límite de velocidade non se ve como a opción máis eficaz para reducir o consumo de combustible, que pasaría por mudar algúns hábitos arraigados á condución.

    Sobre as sancións, os condutores que non se adapten ós novos límites poderán enfrontarse a multas que irán dende os 100 ós 600 euros.

    Esta polémica medida está incluída nun paquete máis amplo de normas que, segundo a estimacións do goberno central, permitirá baixar un 5% as importacións de petróleo anuais e aforrar preto de 2.300 millóns de euros.

    Medida impopular 

    A polémica redución dos límite de velocidade a 110km/hora en autopistas e autovías terá data de caducidade. Nun principio será ata o 30 de xuño deste ano. Ata entón, haberá que ver se os condutores son quen de adaptarse á nova norma, que de momento non goza de moita popularidade a pé de rúa.

    Redacción Salnés