Mostra de bonsáis durante a fin de semana na Toxa

    bonsais100_30.05.08.jpgO GROVE > O gran hotel Hesperia da Toxa acolle ata o vindeiro domingo unha exposición singular de bonsáis traídos dende Oriente…

    pero cultivados en varios lugares de Galicia. Na mostra pódense contemplar exemplares de bonsáis de moi diferentes tipos, formas, tamaños e idade, ata 105 anos ten algún deles. Nós falamos cun dos organizadores que mesmo nos confesou que os bonsáis son coma fillos seus.

    Que teñamos a oportunidade de contemplar bosnsáis coma este non se nos presentará moitas veces na vida por iso estas ocasión hai que aproveitalas. Son singulares, de múltiples formas e tamaños pero sempre tirando a ananos, como un perfume exquisito que se vende sometes en frascos pequenos. Unha iniciativa sen ánimo de lucro xa que non se poñen a venda.

    Traídos de Xapón estes exemplares foron cultivados en Galicia Os bonsáis din que chaman a atención porque parece unha árbore misteriosa que agacha algo, non en vano duran moitos anos. Algún desta mostra ten ata 105 anos.Unha árbore doada de coidar pero que necesita moita constancia.

    Pero saben canto nos pode custar un destes exemplares no mercado, ata 70.000 euros. ! aí é nada! Conformarémonos con velos de preto .

    Redacción Salnés