Vilanova pecha as Festas do Mexillón coa imposición das Insignias de Ouro

    insigniamexillon copia.jpg VILANOVA> Recaeron no presidente da Fundación Camiño Portugués, Tino Lores, a empresa Soaga e Vicente Padín, da comisión de festas de Caleiro.

    Os vilanoveses volveron a amosarse fieis á súa festa gastronómica por excelencia arroupando a autoridades e premiados na entrega das insignias de ouro e brillantes da Festa de Mexillón. O acto constitúe o punto culminante desta celebración, e neste ano, o concello decidiu render homenaxe a tres persoeiros que marcaron o progreso da vila nos últimos tempos, e en especial, no último ano. É o caso do que foi tamén pregoeiro do evento, Celestino Lores. Presidente da Fundación Camiño Portugués, desde o goberno local agradeceron a súa intensa labor para que a Ruta Espiritual do Salnés se convertera nunha realidade.

    Agradecementos houbo tamén para Soaga, a primeira empresa en instalarse e comezar a funcionar no polígono industrial de Baión.

    E o que se podería denominar premio á longa traxectoria foi para Vicente Padín, un veciño da localidade que presidiu durante máis de cincuenta anos a comisión de festas de Caleiro.

    Este acto de entrega das insignias foi precedido doutro reparto de premios: ós cativos que gañaron o certamente de debuxos e camisetas. Rematado o evento, premiados e autoridade compartiron o xantar oficial amenizado polo grupo de gaitas Garandoiro. Xa pola noite, Los Tres Soles del Paraguay encargáronse de poñer o broche final ós festexos co seu concerto na praza do Xardín Umbrío.

    Redacción Salnés