‘O Consorcio do Comercio do Salnés está moi vivo’

    MARCOS_GONZALEZcopy.jpgCAMBADOS> Deste xeito respondeu Marcos González ó alcalde de Vilanova. Tamén valorou o novo trámite superado polo proxecto do centro comercial.

    {flowplayer}images/salnes/CONSORCIO_INFORME_CENTRO_COMERCIAL.flv{/flowplayer}

    Só son os trámites que hai que seguir. Deste xeito, reaccionou esta mañá o Presidente do Consorcio do Comercio do Salnés, tras coñecer que a declaración de impacto ambiental para o centro comercial de Vilanova era favorable. Aínda así, Marcos González recoñeceu que non recibiron con agrado a nova pero lembrou que o contencioso administrativo contra o proxecto segue adiante.

    Aínda así, onte o alcalde de Vilanova sinalou que agora só resta que a Consellería de Industria conceda a licenza comercial para comezalas obras. Neste senso, Marcos González recoñece que aínda que a Xunta se pronuncie favorablemente, que o centro comercial abra as súas portas é outra cousa.

    En relación ás declaracións vertidas por Gonzalo Durán nas que aseguraba que o Consorcio do Comercio está morto e que non fai nada polo pequeno comercio, Marcos, sentenciou que o único que busca o rexedor local é protagonismo.

    Con respecto á creación de 500 postos de traballo, González non dubida que se vaian crear pero lanzou unha pregunta, ¿cantos se van destruír?.

    Redacción Salnés