Un falecido nun accidente na vía rápida que une Sanxenxo e O Grove

    accidente_via_rapida_sanxenxocopy.jpgSANXENXO> Na colisión víronse implicados tres vehículos. Segundo a Garda Civil, a invasión do carril contrario puido sela causa.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    O sinistro aconteceu ó redor da unha e cuarto do mediodía preto da saída da vía rápida que une Sanxenxo e O Grove, á altura do quilómetro 17,8.

    Un camión caixa circulaba en dirección á vila meca cando, segundo informaron desde a Garda Civil, invadiu o carril contrario. Nese momento, estivo a piques de colisionar contra unha furgoneta Citroën C-15 pero o seu condutor puido evitar o choque.

    Acción que non lle deu tempo a repetir ó piloto do BMW 318 que circulaba detrás e que finalmente recibiu todo o impacto.

    Protección Civil e Bombeiros tiveron que intervir xa que o condutor do camión caixa e o do turismo tiveron que ser escarcelados. Unha labor que se complicou, sobre todo, no caso do piloto do BMW, veciño de Vilanova de 32 anos, debido á gravidade do impacto.

    As dúas persoas que circulaban na furgoneta resultaron ilesas. No caso do camión caixa o condutor foi trasladado ó Hospital de Montecelo con prognóstico grave, mentres que, o copiloto resultou ileso. Non tivo tanta sorte o condutor do turismo que a pesares das labores de reanimación perdeu a vida.

    A primeira hipótese coa que traballa a Garda Civil é que o camión caixa, pilotado por un veciño de Noalla de 31 anos, e que circulaba en dirección A Lanzada invadiu o carril contrario por motivos de somnolencia. Tódolos implicados levaban posto o cinto.

    No operativo tamén participaron efectivos da Garda Civil, Policía Local, o 061, Protección Civil e o helicóptero do 112.

    Redacción Salnés