Problemas económicos poderían deixar fóra da Eurocup ó Extrugasa

baloncesto250_050508.jpgSALNÉS > As vilagarciáns acadaron o seu pase nas pistas e agora queda por ver se o club pode asumi-los gastos da competición ou se renuncia plaza. O Inelga pola súa banda venceu a domicilio e colócase cuarto na xeral.

Un ano máis o Extrugasa acadou por méritos propios a súa clasificación para a vindeira edición da Eurocup, por segunda temporada consecutiva.

As vilagarciáns foron superiores ó Celta Vigourban nos dous encontros do playoff que decidía que equipo representaba a Galicia na competición continental. Venceron por dez en Vigo no primeiro encontro e tamén por dez en Fontecarmoa o venres, 56-46, nun partido extremadamente igualado que só se resolveu no derradeiro minuto grazas ó acerto nos tiros libres das de Isaac Fernández unido á gran defensa exercida neses últimos compases sobre as visitantes.

Kiesha Brown e Agne Ciudarine voltaron a tirar do carro ó anotar entre as dúas 33 puntos.

Pero agora a incógnita está en saber se disputarán ou non a famosa Eurocup. Dende o club estase a facer unha chamada ás institucións públicas para que o axuden económicamente. Cifran en 100.000 euros os necesarios para poder acometer a súa segunda viaxe continental, xa que é inabarcable para a empresa patrocinadora correr con tódolos gastos. Se non chegan estas axudas, poderían renunciar á praza.

No baloncesto masculino, o Inelga situouse cuarto na xeral depois de gañar a domicilio ó Rhinos Xiria por un contundente 46-67. Os de Juan Espiñeira basearon a súa victoria nunha excelente segunda metade na que deixaron o seu rival en dez raquíticos puntos; 10-40 foi o parcial tralo descanso. Colócanse a tan só unha victoria dos postos que permiten xogar fase de ascenso, pero só queda un partido e teñen o basketaverage perdido co Pas Piélagos, polo que tan só poden optar na última xornada a defende-lo cuarto posto ante o Santurtzi.

Por outra banda, o Establecimientos Otero pensa xa na fase de ascenso despois de remata-la temporada regular nunha excelente segunda posición e tras gañar o sábado o Obradoiro nun partido espectacular por 102-104.

Redacción Salnés

Comments are closed.