Bota a andar o curso de Educación de Adultos con fondos municipais

    adultos_cambados100_291008.jpgCAMBADOS > Cambados puxo en marcha onte á noite o curso de Educación de Adultos, que conta con preto de 40 alumnos. A actividade suponlle …

    … ás arcas municipais un desembolso de 20 mil euros pola falla de subvención da Xunta.

    Por primeira vez nos últimos 15 anos, o Concello de Cambados ten que asumir en solitario a formación secundaria de adultos para este curso. O goberno local lembra que este foi dos concellos pioneiros nesta modalidade de ensino, incluíndo os cursos de alfabetización. Indica tamén que nos 15 anos deste servizo, sempre se rexistrou un elevado nivel de demanda, como demostra que durante ese tempo xa pasaran 500 alumnos de todo o Salnés polas aulas da Escola Obradoiro, na Pastora.

    O pasado ano, o Concello de Cambados asumiu por primeira vez os gastos nos dous meses de verán, respondendo a unha demanda dos alumnos, que tivo un resultados moi positivos, xa que dos 12 propostos para as probas aprobaron todos. Agora, advirte o Goberno local, dáse a circunstancia de que Cambados é un dos poucos municipios ó que se lle denega esta axuda.

    Neste novo curso hai alumnos de entre 18 e 52 anos de idade, aínda que hai doce casos excepcionais, de mozos de 16 a 17 anos, que precisan contar cun contrato de traballo, ou cursar ou ter cursado un programa de garantía social. Os matriculados renderán exame no Instituto de Educación Pública de Adultos en Pontevedra.

    Redacción Salnés