Inaugúrase unha nova oficina de rehabilitación integral en Vilagarcía

    inaugu100_100408.jpgVILAGARCÍA > Un lugar onde se tramitarán as axudas para rehabilitar vivendas antigas ou en necesidade de reformas

    …O concello de Vilagarcía inaugurou esta mañá unha nova oficina de rehabilitación integral de vivendas. Un lugar onde se tramitarán as axudas para rehabilitar vivendas antigas ou en necesidade de reformas.

    O acto estivo presidido pola directora xeral de fomento e vivenda, encarna Otero quen destacou a importante labor que se vai a desenvolver coa posta en marcha desta oficina. Á inauguración acudiron tamén a alcaldesa da vila, Dolores García e o tenente alcalde Xosé Castro Ratón entre outros. A oficina é xa unha clara mostra do moito que se pode chegar a facer para recuperar aqueles inmobles que conten cunha edificación antiga ou en mal estado . Unha instalación de dúas plantas onde técnicos do concello informarán aos solicitantes das axudas e os pasos que teñen que seguir .

     A inauguración correu a cargo da alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, o tenente alcalde , Xosé catro Ratón e a directora xeral de fomento e vivenda, Encarna Otero que destacou a importancia desta iniciativa tramitación e xestión de axudas , información urbanística, asistencia técnica entre outras, serán as actuación que dende esta oficina se levarán a cabo. Unhas axudas destinadas os propietarios , arrendatarios ou titulares dalgún dereito de uso sobre as vivendas a rehabilitar.

    Otero tamén apostou polo uso da madeira como producto autóctono a explotar como un recurso máis barato, dos que mellor aguantan fronte o lume e co que aforraríamos en consumo de enerxía eléctrica. Destacou tamén que os proxectos de rehabilitación como o que hoxe se puxo en marcha axudarán a xerar emprego no sector da construcción xa que nestes intres se atopa nunha severa crise.

    Redacción Salnés