![]()
SANXENXO> Non foi a despedida que todos agardaban. O Viajes Interrías non puido celebrar cunha victoria o seu ascenso á Primeira Nacional A e caeu por 0-3 co Caloto. O Grupo Junquera impúxose ó Aginsu a domicilio por 5-9.
Non foi a despedida que todos agardaban. O Viajes Interrías non puido celebrar cunha victoria o seu ascenso á Primeira Nacional A e caeu por 0-3 co Caloto. Foi un partido moi igualado, de principio a fin, e no que as defensas impuxéronse ós ataques.
Os visitantes presionaron dende o inicio a toda cancha e dificultaron a saída de balón dos portonoveses. Con todo, os locais tiveron un maior número de ocasións de gol, que non souberon aproveitar. Fóronse ó descanso 0-0.
Ó pouco de comezar a segunda parte, os visitantes adiantaríanse cun tanto de Cancio ó transformar unha libre indirecto. Iso obrigou ó Interrías a descuidar a súa zaga, a tomar máis riscos, e acabouno pagando con dous goles máis en apenas cinco minutos. Con dez aínda por diante, decidiron sacar porteiro-xogador pero a fórmula non deu resultado. Os portonoveses quedáronse sen marcar por primeira vez en toda a liga.
Despedirán a temporada a semana que ven na cancha do Pontenova, xa pensando máis no ano que ven.
O Grupo Junquera, pola súa parte colleitou unha traballada e espectacular victoria na pista do Aginsu Ares por 5-9. Un partido con moitísimas oportuniaddes de gol, xogo de ataque e alternatrivas no marcador.
Despois dunha primeira metade frenética que rematou cun 4-4 no marcador, os vilagarciáns apretaron en defensa e non deixaron de pisar o acelerador en ataque para acabar impoñéndose por un marcador máis que contundente. Fran con catro goles, e Óscar con tres foron os máis destacados.
O Junquera recibe ó Bueu, equipo co que pechará a temporada en Fontecarmoa o sábado que ven.
Redacción Salnés







