A Deputación presenta as IV Xornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental

    dv_629_-_simposio_100.jpgPONTEVEDRA > A Deputación de Pontevedra asinou esta mañá un convenio de Colaboración ca Fundación Juana de Vega.

    En virtude deste acordo, o ente provincial financiará parte do I Simposio Iberoamericano e das Cuartas Xornadas Ibéricas de Horticultura ornamental.

    Ditas xornadas están organizadas pola estación fitopatolóxica do Areeiro; e terán lugar entre o 14 e o 18 de outubro.

    Estas xornadas serán un foro nacional de exposición e discusión de traballos de investigación sobre os distintos aspectos da horticultura ornamental e tamén sobre a innovación e o futuro no eido da xardinería.

    Agárdase que esta cita congregue a máis dun cento de persoas, entre elas alomenos 20 estranxeiras, interesadas por este sector que arestora é un dos máis rendibles economicamente e cun alto índice de exportación en Galicia.

    Deste xeito, acudirán a Pontevedra varios investigadores, doutores e profesores sudamericanos e portugueses, así como varios científicos españois e mesmo galegos; que aportarán datos sobre esta actividade hortícola, abrindo así fronteiras para o intercambio de información con estoutros países do outro lado do atlántico.

    Redacción Salnés