Veciños Independentes da Pobra critica o baixo índice de execución presupostaria

A POBRA> Veciños Independentes da Pobra criticou duramente os orzamentos municipais que vén de aprobar o concello. Consideran que chegan tarde e cos informes técnicos en contra. Ademais botan de menos unha serie de partidas necesarias para mellorar a calidade de vida dos pobrenses.

Moi críticos amosáronse os responsables de Veciños Independentes da Pobra co documento orzamentario aprobado o pasado martes. Destacan que o informe de intervención advirte da baixa execución presupostaria deste goberno con obras consignadas en anteriores exercicios que non foron acometidas e figuran novamente no orzamento para 2022.

Dende a formación independente botan en falta algunhas partidas como por exemplo o arranxo do pavillón da Tomada ou a regulación administrativa da concesión da piscina que caducou hai catro anos.

Advirten ademais de que o presuposto incumpre o principio de estabilidade orzamentaria e a regra de gasto polo que estarán moi vixilantes para que non hipotequen o futuro das contas municipais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí