Solemnidade e devoción na Semana Santa de Ribeira

    RIBEIRA> Dúas procesións, a do Paso e o Santo Enterro, conforman os principais actos da Semana Santa de Ribeira. Están previstas ademais numerosas celebracións relixiosas que darán comezo este domingo de Ramos. A Bendición de Ramos deste domingo dará o pistoletazo de saída ós actos da Semana Santa que afrontarán o forte da programación a partir do mércores doce. A procesión do Paso volverá percorrer as principais rúas da vila, con preto dun cento de cofrades acompañando a imaxe recuperada hai uns anos grazas ó tesón da cofradía e da asociación cultural Alfaia. O luns e o martes desenvolverán os ensaios no pavillón do colexio o Grupo a partir das nove da noite polo que animan a tódolos veciños que desexen participar a sumarse. A música das bandas de Ferrol e Negreira que acompañarán o Paso contrasta co silencio e a solemnidade do Santo Enterro e e Soedade.Ademais destas dúas procesións celebraranse actos litúrxicos durante toda a semana. O xoves terá lugar a Hora Santa a partir das dez da noite. O venres pola mañá o sermón do encontro e o sábado a celebración da vixilia pasual. O domingo 16 chegarán á súa fin os actos coa misa solmene a mediodía.