A Deputación anuncia un proxecto WIMAX para toda a provincia

    dv_629_-_wimax_100.jpgPONTEVEDRA > O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, reuniuse esta mañá con alcaldes e técnicos dos distintos…

    … concellos da Provincia para darlles conta do Proxecto Wimax Pontevedra. Unha iniciativa ca que o ente provincial pretende instalar a banda ampla de acceso a internet sen arames en toda a provincia.

    Con esta aplicación, o organismo provincial acabaría ca fenda dixital que se vive en varios concellos pontevedreses, e especialmente naquelas zonas de difícil acceso, como pode ser o rural. Entre outras melloras, a rede WIMAX, viría a posibilitar novas formas de vídeo vixilancia, a mellora da seguridade pública ou apoio a determinados servicios públicos e privados.

    O orzamento necesario para implantar este plan é de 8.7 millóns de euros, dos que a Deputación pretende aportar 6,1 millóns a través de fondos FEDER, e os concellos investirían entre os 1.000 e os 45.000 euros restantes, en función do seu tamaño. Por esta razón o ente que preside Rafael Louzán solicitou estas axudas europeas para este proxecto, xunto con outros 16.

    Redacción Salnés