En marcha a Escola de Fútbol Municipal de Boiro

    BOIRO> O concello de Boiro conta xa coa súa Escola de Fútbol Municipal. Acompañados dos presidentes dos clubs integrantes da escola, o de Boiro, Abanqueiro e Cabo de Cruz, os alumnos amosaron aos asistentes a indumentaria corporativa da escola. Un proxecto polo que se leva loitando moito tempo, e que o presidente da Federación Galega de Fútbol, afirmou que debería servir como modelo para exportar a outros lugares de xeografía galega. Unha entidade presidida por José Enrique Maneiro, “Queiro”, quen dixo sentirse honrado de abandeirar este proxecto. E quixo agradecer, en especial aos pais e nais, a súa importante labor á hora de conseguir que esta escola sexa unha realidade. Iago Iglesias será o encargado da coordinación técnica da nova escola. A súa figura foi suliñada tamén polo alcalde de Boiro, que fixo fincapé en que se trata dun profesional que vivú o fútbol desde abaixo. Dieste destacou o esforzo que se puxo neste proxecto. O alcalde transmitíu aos 400 rapaces que forman parte da escola municipal a necesidade do traballo para conseguir os obxectivos, e suliñou a disciplina que esixe un deporte como o fútbol.