Os afectados polas expropiacións de Castrelo pedirán unha reunión coa CPTOP

    castrelo100.jpgCAMBADOS > Os afectados polas expropiacións da estrada Castrelo – Dena crearon unha comisión e pedirán unha reunión coa delegada de Política Territorial…

    … Así o acordaron onte á noite na asemblea celebrada no centro sociocultural de Castrelo, en Cambados.

    Escasa información. Esta foi a queixa máis formulada na asemblea celebrada en Castrelo, na que participaron os afectados polas expropiacións da estrada C-549. Política Territorial iniciará os vindeiros 21 e 22 desde mes o levantamento de actas da vía no Concello de Cambados. Na asemblea criticouse a pouca información que recibiron da Xunta sobre o proxecto e indicouse que moitos souberon de que lles ían expropiar terreos pola notificación oficial que os convocou para o levantamento de actas.

    Na reunión puideron ver os planos do trazado que quedará tralas obras, que se desenvolverán no tramo Castrelo – Dena. Algúns dos afectados amosaron o seu malestar pola construción de grandes rotondas que lles levará unha parte importante das súas propiedades. Asesorados por un avogado, acordaron crear unha comisión contra a expropiacións e solicitar unha reunión coa delegada de Política Territorial María Isabel Domínguez.

    A Xunta destina a este proxecto un presuposto duns 2 millóns de euros e reserva unha partida de 400 mil euros para expropiacións, o que fai pensar ós veciños que afectará a numerosas propiedades. O asunto xa llo expuxeron esta semana ó alcalde de Cambados, que se amosou disposto a tramitar desde o Concello as reclamacións que presenten.

    Redacción Salnés