Besteiro: “Acuso a Rueda de ausencia, incompetencia e de mentir aos galegos”

A ILLA> O candidado á presidencia da Xunta do Partido Socialista estivo hoxe na Illa, onde dous traballadores municipais traballan no parque natural do Carreirón na retirada de pellets. Xosé Ramón Gómez Besteiro acusa ao presidente da Xunta de estar desaparecido ante esta catástrofe e nin tan sequera pisar unha das praias afectadas. Defendeu que Galicia precisa dun goberno que diga a verdade.

Estes son os dous únicos operarios cos que conta o concello da Illa de Arousa para facerlle fronte á chegada dos pellets ás praias insulares. Están a traballar no Carreirón, ata onde se achegou esta mañá o candidato do PSOE á presidencia da Xunta. Xosé Ramón Gómez Besteiro lamentou a xestión que está a facer o goberno galego do que cualificou como ‘crime medioambiental catastrófica’. Carga contra Alfonso Rueda por estar desaparecido.

Besteiro matiza que non culpa á Xunta do ocorrido, pero si de inacción ao mirar para outro lado e mentir.

E antes de que se anunciase a medida, o socialistas lamentaba  que Alfonso Rueda se resistise a decreta-lo nivel dous de emerxencia, que permitirá a colaboración do Estado.

Pola súa banda, o alcalde da Illa lamentou a falta de recursos da Xunta para facerlle fronte á chegada dos pellets. Demanda máis medios, recoñecendo que o seu concello conta só con estes dous operarios para peneira-las praias do parque natural do Carreirón, a única zona polo de agora á que chegaron estas pequenas bólas de plástico.