A Deputación Provincial clausura ás V Xornadas de Urbanismo

    dv__765_clausura_dep_100.jpgPONTEVEDRA > Este mediodía clausuráronse en Pontevedra as V Xornadas de Urbanismo que organiza a Deputación Provincial.

    Neste segundo e último día, ditas xornadas continuaron con varias exposicións de poñentes de recoñecido prestixio sobre este tema tan de moda en toda Galicia, como é o urbanismo. Por poñer un caso ilustrativo, hoxe interveu Juan Carlos Aladro, Fiscal Xefe da Fiscalía da Audiencia de Pontevedra, quen salientou que anualmente se tramitan neste estamento unha media de 60 investigacións por delictos urbanísticos; dos que unha parte importante afectan sobre todo a construccións en solo de protección, urbanizacións e modificacións de plans de ordenación.

    Ó seu termo, o presidente da Deputación pontevedresa, Rafael Louzán clausurou estas xornadas, facendo varias alusións as peculiaridades do urbanismo actual na provincia. Neste senso, avogou por unha necesidade de acurtamento dos prazos nas elaboracións dos plans xerais de ordenacións municipais, para evitar as situacións alegais nas que derivan en moitos dos casos. Neste caso sinalou que é mester crear un gran pacto de estado polo territorio. Así, Louzán concluíu resumindo os obxectivos que se perseguen ca posta en marcha destas xornadas destinadas a incrementar o coñecemento sobre esta materia nos distintos alcaldes, técnicos e xestores dos concellos desta provincia.

    Logo destas xornadas, o presidente Provincial instou ós participantes a seguir clarexando as súas dúbidas en materias de urbanismo na recentemente creada oficina de asesoramento da Deputación.

    Redacción Salnés