BOIRO> Satisfacción entre os vendedores no primeiro día de mercado en Boiro tralo cambio de emprazamento. A volta á avenida da Constitución, tras doce anos apartados do centro, traduciuse nunha maior afluencia de xente e suba das vendas.
O alcalde realizou unha visita ó mercado constatando as boas impresións dos feirantes así como dos hostaleiros, comerciantes e vendedores da praza de abastos posto que afluencia de xente beneficia tamén ó resto dos negocios.
Nesta primeira xornada instaláronse oitenta e seis postos. Está previsto que se amplíe o número nas vindeiras semanas, coa regularización dos propietarios pendentes de pago e a incorporación de novas solicitudes. Cómpre lembrar ademais que os días 24 e 31 se celebre tamén o mercado para aproveitar o tirón das vendas nestas datas festivas.