Mañá venres iníciase a veda do polbo en Galicia

BARBANZA> Ata o próximo un de xullo queda prohibida a súa captura, incluíndo tamén a pesca marítima de recreo.

Sen dúbida o polbo é un dos produtos gastronómicos máis demandados, pero dende mañá venres deixará de estar presente nas nosas lonxas. O que o queira deberá comelo conxelado.

A consellería do Mar, de acordo co sector, vén de ditar a orde pola que se establece o inicio do período de veda desta especie. Será por unha duración de algo máis dun mes. Durante este tempo queda prohibida a súa captura por medio de calquera arte en augas galegas, incluíndo á pesca marítima de recreo.

Segundo o presidente da Federación de Confrarías a campaña deste ano veuse tamén moi condicionada pola crise do coronavirus, xa que moitos mariñeiros tiveron que parar.

A veda é unha das medidas técnicas que comprende o plan da especie, co fin de axustar a xestión ó seu ciclo de vida e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sustentable.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí