Feijóo acusa á Xunta de mentirlle a Pontevedra sobre Ence

    feijoo_telmomartin_100.jpgPONTEVEDRA > A cidade de Pontevedra é segundo o Partido Popular a cincenta das urbes galegas en canto a infraestruturas. Segundo o líder da oposición, …

    … Alberto Núñez Feijóo, que estivo esta mañá en Pontevedra, os últimos tres anos de Goberno bipartito da Xunta foron un tempo perdido para a cidade.

    O presidente dos populares galegos estivo esta mañá en Pontevedra para facer un balance da situación das infraestruturas de transporte na cidade. Unha vila na que a Xunta non cumpriu con ningunha das promesas feitas. Núñez Feijóo e Telmo Martín falaron das catro autovías ou vías de alta capacidade que aínda seguen pendentes, coma a circunvalación de Pontevedra, a conexión entre Pontevedra con Vilagarcía, o corredor que una a cidade coa comarca do Morrazo e a autovía libre de peaxe entre Pontevedra e Vigo.

    A outra gran sinatura pendente para os populares é agora o tren de alta velocidade. Núñez Feijóo subliñou que Pontevedra vai ser a última cidade galega á que chegue o AVE Atlántico, e tamén unha das últimas en estar conectadas con Madrid. A baixa porcentaxe de soterramento da vía ó seu paso pola cidade, só uns 300 metros fronte os 8 quilómetros que anunciou o alcalde de Vigo, tamén foi motivo de crítica por parte dos populares.

    Pero ademais de infraestruturas, a concesión medio ambiental de Ence por parte da Xunta, tamén segue a dar que falar entre o Partido Popular. Esta mañá o líder da oposición, acusou de mentir ó Goberno bipartito da Xunta logo de que non cumprise as súas promesas de crear unha mesa de concertación e de non levar a cabo a súa vontade de cambiar á empresa de lugar.

    Sacar a Ence da ría e mantela en Pontevedra son as dúas prioridades do Partido Popular, que xa prometeu hai uns días presentar unha localización alternativa á de Lourizán antes de que remate o ano.

    Redacción Salnés