Sae a licitación a reforma integral do conservatorio de Aguiño

RIBEIRA> O  concello de Ribeira vén de sacar a licitación a reforma do conservatorio de Aguiño. O proxecto, orzamentado en máis de 600 mil euros, consistirá principalmente na mellora da eficiencia enerxética do inmoble permitindo un aforro total próximo ó 73 por cento.

O proxecto que vén de saír a licitación ten por obxectivo unha transformación integral do conservatorio que non só se utiliza como aula de música senón que a veciñanza fai un importante uso sociocomunitario da instalación. A actuación principal consistirá na mellora enerxética, pasando o inmoble dunha calificación D a A así como un mellor illamento acústico e alumeado interior.

Contémplase tamén unha mellora no exterior do inmoble, a modo de adro, habilitando un espazo para albergar actividades cando o tempo o permita.

O importe de licitación supera os 600 mil euros con cargo ó Programa de Impuslo á Rehabilitación de Edificios Públicos.As empresas interesadas dispoñen ata o 26 de marzo para presentar as súas ofertas.