Pasa a disposición xudicial o pai que presuntamente agrediu á súa filla

    detido_grove100_090508.jpgCAMBADOS > Un veciño do Grove, J.C.B.O., pasou hoxe a disposición xudicial en Cambados, tras ser detido por cometer presuntamente malos tratos

    {flowplayer}images/salnes/detido_grove.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > Un veciño do Grove, J.C.B.O., pasou hoxe a disposición xudicial en Cambados, tras ser detido por cometer presuntamente malos tratos e abusos sexuais contra a súa filla de 12 anos. O xuíz tamén tomou declaración hoxe á nai e á propia nena. Ó parecer, o home admitiu que agrediu á filla pero nega que abusara dela.

    O titular do xulgado número 4 de Cambados tomou hoxe declaración ós implicados no caso dos supostos malos tratos e abusos sexuais do Grove. Un veciño deste concello Juan Carlos Bea Otero, de 47 anos, está acusado de agredir á súa filla, de 12 anos. O home foi detido o pasado martes, despois de que a nai levase á nena ó centro de saúde, onde ó parecer se constatou que sufrira lesións e se viron indicios de abusos sexuais.

    O ex alcalde do Grove Miguel Pérez coñece ben o caso desta familia, que ten outros cinco fillos, un deles dun ano. A situación é ben coñecida nos servizos sociais municipais, que levan tempo axudándolles, non só eles senón outros colectivos mecos, como a propia ANPA do colexio Valle Inclán onde estudan os nenos, que se fai cargo do seguro escolar.

    Ó parecer a situación vén de tempo atrás. O cabeza de familia ten un carácter moi violento e antecedentes penais e xa fora detido con anterioridade por roubos e maltrato. Miguel Pérez explicou que desde o Concello incluso se lle buscou traballo, pero sempre acabou forzando o seu despido. Actualmente, o detido traballa de albanel en Cambados.

    Miguel Pérez desexa que todo se normalice para esta familia. Hoxe pasaron polo xulgado a nai, pola mañá, e logo pola tarde, ás cinco, entraron a declarar a nena e o pai. Este entrou polo garaxe dentro dun coche cos cristais tintados, mentres que á nena levárona pola porta principal, escoltada por dúas axentes da Garda Civil.

    Redacción Salnés