O PSOE denuncia erros urbanísticos en Padín, Cubeliños e Corrubedo

    infraccionsurbanisticas_100_120508.jpgRIBEIRA > O grupo municipal do PSOE vén de facerse eco do malestar dos veciños en relación con diversas infraccións urbanísticas.

    {flowplayer}barbanza/infraccionsurbanisticas.flv{/flowplayer}

    O voceiro do PSOE de Ribeira, Toño Novoa, fixo referencia á fonda preocupación existente entre a veciñanza de Padín por unha urbanización que se está a construir alí. Segundo el os veciños consideran desproporcionada esta construción cun nivel de edificabilidade máis alto do permitido. Por esta razón solicíatalle ó executivo local que aclare cal é a dimensión real da obra.

    Outra das queixas formulada polos socialistas ribeireses fai referencia á zona de Cubeliños. Os veciños desta urbanización síntense desamparados ante a inminente construción dun edificio de seis plantas preto das súas vivendas. Segundo eles cando adquiriron o seu inmoble indicóuselles que na zona tan só se poderían levantar edificacións de planta baixa.

    Zona protexida

    A outra das denuncias feita polo voceiro do PSOE ribeirés fai referencia á aplicación do PXOM e ó modelo de edificación que se está a realizar na parroquia de Corrubedo. A queixa nesta ocasión foille transmitida pola Asociación Amigos de Corrubedo. Segundo eles de seguir nesta liña de facer urbanismo entraríase nunha contradicción que viría a deteriora-la área protexida do Parque Natural.

    Redacción Barbanza