Fernández Lores cobrará só un euro máis que o funcionario municipal que máis cobra

    PONTEVEDRA > Na sesión plenaria celebrada este mediodía no Teatro Principal aprobouse por maioría a dedicación exclusiva da alcaldía pese as queixas da oposición. Nesta xuntanza leváronse a votación …

    … diferentes temas, entre os que destacaba a dedicación exclusiva do alcalde. Tras pronunciarse o secretario xeral de que o soldo de Fernández Lores ascendía a 64.674,52 euros brutos ó ano e afirmar que se trataba dun soldo tan só un euro superior ó do funcionario municipal que máis cobra o alcalde pasou o turno de fala os voceiros dos demais partidos.

    loresplenopontevedra300_200707.jpgPola súa parte a socialista, MaríaTeresa Casal, apoiou a contía e reiterou que un alcalde é necesario que se dedique exclusivamente á cidade. Para elo o partido socialista votaría a favor posto que segundo as palabras da Concelleira Casal ‘nós cos nosos votos o axúdamos a erixirse como alcalde e témoslle que dar os instrumentos para traballar por Pontevedra a tempo completo’.

    Pola contra o grupo da oposición non o tiña tan claro. Telmo Martín, portavoz de do Partido Popular, acusou ó alcalde de mentir acerca do que ía a cobrar e de ‘non recoñecer que vai cobrar un soldo por riba dos 70.000 euros’ referíndose á paga por antigüidade que recibe Lores. Tamén destacou que ‘non hai que andar aquí enganando a ninguén’ e incitou a alcaldía a que o ano que vén amosase a súa declaración da renta. Pese a isto, o portavoz do Partido Popular declarouse dende o primeiro momento a favor da votación da contía.

    Ante estas declaracións o alcalde pronunciouse acusando a Telmo Martín de ser un inventor e de facer demagoxia aclarando que o salario bruto dos cargos políticos non inclúe a antigüidade e que ‘non fai falla que o explique porque o sabe todo o mundo’.

    A sesión plenaria foi un ir e vir de acusacións entre as diferentes partes. Incluso se falou do moito espacio que lle dedica o portavoz do Partido Popular á Concelleira socialista na súa páxina web. Finalmente a dedicación exclusiva do alcalde de Pontevedra cun soldo bruto ó ano de 64.674, 52 céntimos repartido en 14 pagas foi aprobado por maioría.

    Redacción Salnés