Mar licita a redacción de proxectos de mellora nos portos de Aguiño e A Pobra

RIBEIRA> A Consellería do Mar licitou a redacción dun estudo para dotar de pantaláns ó porto de Aguiño. Portos de Galicia dará así resposta a unha vella demanda da confraría para mellorar as condicións de traballo dos mariscadores.

Mar licita a redacción dun estudo de viabilidade para dotar de pantaláns e novas ramplas de varada ó porto de Aguiño. O obxectivo é buscar a solución máis axeitada que permita dar servizo ós profesionais e mellorar o abrigo do porto.

Coa redacción do proxecto e a súa posterior execución, a Consellería dá resposta á demanda da confraría que dende hai anos ten solicitado a Portos estas infraestruturas para garantir a seguridade dos traballadores e unha maior operatividade.

Trala súa visita a Aguiño, a Conselleira desprazouse ata a Pobra para anunciar tamén o inicio dos traballos para o estudo de correntes na zona portuaria de cara á futura ampliación do atraque do peirao comercial . Ámbolos dous proxectos suporán un orzamento total de cento vinte e seis mil euros.