Varios edís de Vilanova e policías locais declaran como testemuñas

    xuizogrua100_130508.jpgPONTEVEDRA > Continúa o xuízo polo accidente da grúa de Vilanova. Entre as testemuñas citadas hoxe estivo o edil José Juan Durán.

    {flowplayer}images/salnes/xuizo_grua_testigos.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > Hoxe celébrase a segunda xornada do xuízo polo accidente dunha grúa en Vilanova, no que morreron unha nena e un operario. Ata os xulgados da Parda en Pontevedra achegáronse hoxe numerosas persoas en calidade de testemuñas.

    Entre os citados atopábanse varios edís do equipo de goberno de Vilanova, como José Juan Durán, que foi chamado como concelleiro de Infraestructuras e Julio Varela, ademais de varios axentes da Policía Local, encabezados polo xefe Joaquín García. Os edís non quixeron facer declaracións ante a cámara pero si nos dixeron non entender porque estaban citados. José Juan Durán indicou ademais que hai inquina nesta acusación contra o seu irmán, o alcalde Gonzalo Durán.

    A familia, pola súa banda, volveu ó xuízo con fotografías de Aldara Somoza Charlín, a nena falecida neste sinistro o 28 de novembro do 2000. Ó seu irmán Carlos sorpréndenlle que ningún dos cinco imputados dixera onte que non sabía nada, nin sequera do temporal que houbo ese día. Pero tamén lle sorprende que o alcalde o vexa como un ataque persoal. A familia considera ó alcalde, constructores e técnicos responsables de dous delictos de homicidio por imprudencia e un de lesións e pide penas de entre dous e catro anos de prisión, ademais de 6 a 8 anos de inhabilitación na súa profesión. Sen embargo o fiscal pide unha multa para o gruísta e para o responsable de Novolar por unha falta de imprudencia con resultado de morte.

    O xuízo prolongarase ata o venres. Mañá está previsto que pasen os peritos que recolleron datos sobre o terreo e que realizaron varios informes sobre a situación. Neste senso, a acusación particular afirma que non o tivo moi sinxelo para facer este traballo.

    DETENCIÓN

    Entre os citados a declarar hoxe figuraba Melchor Charlín, tío da nena falecida. Ó confirmar os seus datos comprobouse que estaba en busca e captura por un delicto contra a seguridade viaria e foi detido ás portas do mesmo xulgado pola Policía Nacional.

    Redacción Salnés