RIBEIRA> Ribeira conta xa coa súa primeira praia canina. Atópase situada en Couso.
O areal xa dispón de varios carteis informativos que indican as normas que deberán cumprir tódolos usuarios.
Dende o 15 de xullo ó 15 de marzo permitirase o acceso libre dos cans durante todo o día, para o resto do ano deberán terse en conta varias restricións.
A concelleira de Benestar Animal sinalou que se trata dunha experiencia piloto, polo que non se descarta, de saír ben, poder ampliar o número de praias para mascotas no municipio nun breve espazo de tempo.
Dende o Concello faise tamén unha chamada ó civismo dos propietarios dos cans, que deberán recoller, coma obriga legal, os excrementos das súas mascotas, e facilitar así unha boa convivencia co resto de bañistas que acudan a ese areal.