As mostras de recordo sucédense no paso de peóns da Avenida da Marina

    paso_peons_avenida_marina_100.jpgVILAGARCÍA > Pablo Bouzas González, o presunto autor do atropelo mortal desta fin de semana en Vilagarcía, xa pasou o seu primeiro día no cárcere de A Lama, …

    …onde xuíz decretou onte o seu ingreso en prisión. Agora a Policía Local de Vilagarcía está a traballar no informe pericial no que se establecerá cómo se desenvolveron os feitos.

    Familiares e amigos colocaron estes días mostras de recordo a Manuel Abalo, o mozo de Vilagarcía que este domingo perdía a vida nun paso de peóns da Avenida da Marina, tras ser arrolado por un coche que se deu a fuga. O seu condutor cometeu nese intre dous delitos, o de homicidio imprudente e o de omisión do deber de socorro.

    Os restos do rapaz, de 23 anos, xa foron soterrados onte en Carril, case ó mesmo tempo no que o xuíz decretou o ingreso en prisión de Pablo Bouzas González, o presunto autor dos feitos, xa confesos polo mesmo. Por eles poden caerlle unhas penas de entre un e catro anos de cadea, ampliables ata seis se existisen agravantes.

    A Policía Local de Vilagarcía traballa agora na redacción do informe pericial no que se establecerá como se produciu o accidente. Segundo parece, Pablo Bouzas González, coñecido na localidade coma Castiñeiras, dirixiuse tralo atropelo acontecido na madrugada do domingo ata o garaxe situado no edificio onde reside en Vilagarcía, na avenida Agustín Romero. Alí mantivo ó Audi A-4 co presuntamente arrolou á vítima, ata a madrugada do luns, cando se dirixiu con el ata un taller situado no norte de Portugal para arranxalo.

    Ademais, e segundo varias testemuñas, estivo na tarde do domingo xunto outros rapaces no parque da Xunqueira comentando o accidente. O detido, xa ten antecedentes policiais pola compra venta de drogas, e todo indica a que circulaba a unha velocidade superior ós cen quilómetros por hora cando cometeu o atropelo.

    Redacción Salnés