Gonzalo Durán afirma que pedirá explicacións ó remate do xuízo da grúa

    xuizo_grua_duran100.jpgPONTEVEDRA > O alcalde de Vilanova afirma que pedirá contas ó remate do xuízo polo caso da grúa que caeu en novembro do 2000 e que matou a unha nena e a un operario.

    {flowplayer}images/salnes/xuizo_grua_gonzaloduran.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > O alcalde de Vilanova afirma que pedirá contas ó remate do xuízo polo caso da grúa que caeu en novembro do 2000 e que matou a unha nena e a un operario. Gonzalo Durán volveu hoxe a sentarse no banco dos acusados na sala número 1 do Penal de Pontevedra, xunto cos outros catro imputados, Francisco Javier Gómez Chazo, representante de Novolar Arousa, a empresa que construía o edificio desde o que caeu a grúa; Luciano Fernández Souto, enxeñeiro técnico industrial que deu o visto bo á montaxe da estructura e encargado da empresa Alquileres de Galicia; Alberto Chorén Falcón, como arquitecto técnico da obra; e Juan José Mariño Bello, encargado da construcción que executaba Novolar. Durán non quixo entrar a valorar nada do tratado ata agora no xuízo aínda que si insistiu en que o Concello nada ten que ver neste asunto.

    Na sesión de hoxe estaban citados a declarar ata nove peritos que recolleron datos sobre o terreo e que realizaron varios informes sobre a situación. A primeira en comparecer, e por vídeo conferencia, foi a inspectora de Traballo e Seguridade Social da área Vigo – Pontevedra por aquela data. A preguntas dos avogados e do fiscal recoñeceu que os obreiros lle deran aviso de que a grúa tremía demasiado e tamén que naquel día había un temporal con ventos de 100 quilómetros por hora. Tamén indicou que non se incoou expediente sancionador porque o operario falecido traballaba noutra empresa allea á da grúa.

    Precisamente compañeiros de José Fernández Loureiro, o obreiro falecido, declararon onte como testemuñas. Aseguraron que avisaron da perigosidade da grúa unhas dúas horas antes do accidente que tamén lle custou a vida á nena Aldara Somoza Charlín. Sen embargo, operarios da obra onde estaba instalada a grúa indicaron o aviso chegou só minutos antes da súa caída. A vista remata mañá coa presentación dos informes.

    Redacción Salnés