A Mancomunidade impulsa un plan de prácticas para 32 universitarios

    VILAGARCÍA> Trinta e dous universitarios realizarán practicas de formación en empresas do Salnés en áreas de enxeñería, xestión de empresa e comercio exterior. A iniciativa, pioneira na comarca, é posible grazas ó convenio que veñen de asinar Mancomunidade e unha consultoría especializada neste tipo de programas de formación. Trinta e dous titulados universitarios do Salnés terán a oportunidade de reforzar a súa formación en empresas da comarca mediante a realización de prácticas remuneradas durante dous meses. É a esencia do convenio que veñen de asinar Mancomunidade e a firma de consultoría BIDEF, unha iniciativa pioneira a nivel comarcal que conta coa experiencia de BIDEF neste tipo de programas de formación. Os 32 beneficiarios foron seleccionados dun total de 150 aspirantes inscritos nos servizos de emprego. A bolsa terá unha duración de dous meses prorrogables outros dous. Unha vía de formación con altas probabilidades de inserción. Os bolseiros cobrarán 250 euros ó mes para cubrir gastos de desprazamento e contarán con seguro de responsabilidade civil. A meirande parte dos participantes son titulados en ramas de enxeñería e Administración de Empresas, e desenvolverán actividades vencelladas ó comercio exterior, programas de xestión de empresa e competencias adaptadas ó entorno actual. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/14/practicasuniversitarios.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/14/MANCOMUNIDADE_EMPREGO.mp4{/flowplayer}