Feijóo arenga os seus alcaldables para que non dean ningún concello por perdido

    SALNÉS> O primeiro día da campaña en O Salnés tivo como convidado especial ao presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo estreou a mañá paseando pola Illa de Arousa na compaña do alcaldable popular na vila, Juan José González. Ao mediodía, a axenda levouno ata Caldas. Alí asistiu a un almorzo-mitin rodeado dun cento de militantes e de candidatos e alcaldes da comarca.

     

    Núñez Feijóo arroupou aos seus candidatos do Salnés neste arranque de campaña. En Caldas, o presidente dos populares galegos asistiu a un xantar cun cento de militantes e alcaldables da comarca. Feijóo arengou aos seus para que non dean ningún concello por perdido.

    O presidente provincial tamén apoiou aos candidatos, especialmente ao alcaldable caldense. Segundo Louzán, Manuel Cortés ten o cometido de rescatar a Caldas do abandono socialista.

    A axenda de Feijoo na provincia de Pontevedra comezaba a medio día na Illa cunha visita polo municipio acompañado do candidato Juan José González. Non é casual. Coa marcha do socialista Manuel Vázquez o concello amósase como un reto apetecible para o PP.

    Gonzalo Durán, alcaldable popular por Vilanova quen tamén esta mañá se marcaba como reto conseguir dous concelleiros máis nos próximos comicios e chegar ós 14. Non ven rivais na oposición. Si na abstención.

    Sumar edís vai tamén no caderno de Miguel Ángel Pérez, que onte presentaba ós membros da súa lista.

    Alberto Núñez Feijóo despediu a xornada dende un mitin do alcaldable cambadés, Luis Aragunde, ao que tamén acudiu a Ministra de Fomento, Ana Pastor.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/08/feijoo_caldas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/08/feijoo_caldas.mp4{/flowplayer}