Decepcionante peche de Liga dos equipos do Salnés

futbol250_190508.jpgSALNÉS > Balance de tres derrotas e tan só un empate para os equipos do Salnés nunha xornada na que prácticamente non se xogaban nada.

Rematou a liga. Nove meses de loita, máis por parte de uns que de outros, e de moito sufrimento.

O que mellor fixo os deberes este ano foi o Vilalonga. Os de Josiño Abalde remataron sextos despois dunha temporada moi boa sobre todo na casa, xusto o contrario que o ano pasado. Os celestes foron o segundo mellor equipo coma local e só perderon o liderato nesa clasificación oficiosa na derradeira xornada de liga (en favor do Narón), debido ó empate que cederon co Ourense B. Machu fixo o 1-0 no minuto dez, pero Sanginés empatou pouco máis tarde. Sobresainte para o Vilalonga.

Tódolos demais equipos do Salnés colleitaron derrotas. O Arousa recibíu unha goledada en Pasarón ante o Pontevedra B. Os locais íalles a vida neste encontro e esa diferencia de motivación duns e outros notouse no campo. Richi fixo un hat-trick para os granates mentres que o único tanto vilagarcián foi obra de Damián. Notable alto para os de Laxes esta temporada na que non pasaron apuros no deportivo.

Cun aprobado rspado iranse Céltiga e Portonovo, que sufriron ata o final non podendo confirma-la súa salvación ata a penúltima xornada ; os da Illa pecharon a temporada cunha abultada derrota na casa ante o líder Cidade de Santiago por 1-4. Os composteláns xa sentenciaran o encontro á media hora, cando mandaban por 0-3. Así as cousas o técnico Manuel Núñez non se puido despedir da súa afección cunha victoria.

Tampouco é probable a continuidade de Piscis no banquiño do Portonovo, que caeu na Pinguela o sábado por 1-0, nun partido sen historia para ningún dos dous conxuntos.

Destacar en Preferente Autonómica, os empates sen goles de Unión do Grove ante o Artenteiro e Salvaterra co Ribadumia.

Redacción Salnés