Poio celebrará este sábado a súa Gala do Deporte, Poio Móvese

Pontevedra>  Poio xa ten todo listo para celebrar a súa segunda Gala do Deporte, Poio Móvese. Unha cita que ten como fin recoñecer a labor deportiva que se realiza neste municipio. O evento terá lugar este sábado 3 de febreiro ás 20:30 no centro cultural Xaime Illa en Raxó. Unha Gala que será presentada pola actriz Beatriz Campos.

Este sábado 3 de febreiro o centro cultural de Xaime Illa, en Raxó, acollerá a segunda edición da Gala Poio Móvese, unha cita que terá como fin poñer en valor o tecido deportivo de Poio.

Na categoría feminina está  nomeadas Noemí Blas presidenta de Buxa Motor, Lorena Nieto e Eva Torres do Kayac Polo de Combarro e Carolina Agulla do Poio Pescamar. Na categoría masculina están nomeados Iván Silva e Rafa Fuentes. E no apartado de entidades deportivas están nomeados a escudería Puxa Motor e o Club feminino de fútbol sala Poio Pescamar. O nome dos premiados coñecerémolos o sábado na Gala. O único que sabemos de momento é o premio de honra que será para a Asociación de veciños de Lourido.

Xa o saben este sábado haberá moito deporte do que falar en Poio nesta Gala Poio Móvese que terá lugar as 20:30 da tarde no centro cultural Xaime Illa en Raxó, unha cita que contará con numerosas actuacións e que estará presentada pola actriz Beatriz Campos.