Medio Ambiente retoma o estudo sobre a conservación da lamprea de mar

    lamprea100_190508.jpgPONTECESURES > A Estación de Hidrobioloxía de Vilagarcía estudará o estado de conservación da lamprea de mar nos ríos da Conca Galicia Costa …

    … Para este estudo, a Consellería de Medio Ambiente achegará 63.000 euros. Do que se trata é de buscar medidas para paliar a diminución desta especie.

    A Consellería de Medio Ambiente e a Universidade de Santiago están a realizar estudios sobre o estado de conservación da lamprea de mar nos ríos da Conca Galicia Costa e do sábalo e a saboga no Ulla. A Consellería achegará 63.000 euros á Universidade de Santiago para estes traballos, que realizará a Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con de Vilagarcía.

    No caso concreto da lamprea, as investigacións sobre a densidade e o estado de conservación das poboacións centraranse nos ríos da conca Galicia Costa nos que ten presenza, entre eles os de Sar, Ulla e Umia. Buscarase coñecer a evolución das poboacións deste peixe, analizando os hábitats dos ríos para deducir cales están en mellores condicións para a cría da lamprea de mar e que medidas se poden adoptar para paliar a diminución das poboacións.

    Para obter resultados hai que ter en conta que a lamprea de mar é unha especie que se nace e se reproduce en auga doce, sendo o período de desenvolvemento embrionario de entre 4 e 6 anos. Por este motivo, os resultados dos primeiros estudos realizados o pasado ano aínda non permiten obter resultados definitivos ao respecto, co que se decidiu dar continuidade aos mesmos.

    Redacción Salnés